miércoles, 7 de septiembre de 2016

En cada intre da nosa vida precisamos de alguén que ilumine os nosos pensamentos, o noso corazón. Alguén que nos envolva, que nos encha de paixón, tenrura, que encha os nosos espazos, os nosos grandes baleiros.Alguén que con esa Luz sexa quen de crear un mundo de cores e de miradas que digan: Qúerote, NecesítoteGrazasConfío en TiSíntome Feliz.Con tan só a Luz dunha Mirada podemos arrincar un sorriso; sorrisos que din moito, que falan por eles mesmos, que nos enchen de vida, de ilusións, que nos fan comprender o bonita que é a vida.Ese é o obxectivo: encher a vida dos nenos e nenas, de miradas que non se esquezan; de luces que brillen noite e día; de risas que se escoiten no universo enteiro.Non che pediremos : “ Cerra os ollos e soña”Sí che pediremos: “ Abre os ollos se queres soñar”

No hay comentarios:

Publicar un comentario